O acceso ao crédito é unha das principais preocupacións das pequenas e medianas empresas en Galicia.
Por iso, a recente publicación no DOG da resolución que establece o marco de apoio ao acceso ao crédito das pemes galegas, instrumentado mediante convenio entre o Igape, as sociedades de garantía recíproca (SGR) e as entidades de crédito adheridas, é unha exelente noticia.
Modalidades
Esta resolución establece dúas modalidades de liñas de financiamento: REAVAL CRECEMENTO e REAVAL GARANTÍAS.
A primeira liña permite o acceso a préstamos a longo prazo para financiar investimentos produtivos e/o circulante estrutural. Pola súa banda, a liña REAVAL GARANTÍAS ofrece garantías #ante terceiros vinculados a operacións de tráfico ou avais técnicos.
As entidades financeiras que adheriron a esta iniciativa son Abanca Corporación Bancaria, Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, Banco de Sabadell, Bankinter e Caixa Rural Galega, Sociedade Cooperativa de Crédito Limitada Galega.
Pola súa banda, as SGR que se sumaron son Sociedade de Garantía Recíproca da Pequena e Mediana Empresa de Pontevedra e Ourense (Sogarpo, SGR), Afianzamentos de Galicia, Sociedade de Garantía Recíproca (Afigal, SGR) e Iberaval, SGR.
As pequenas e medianas empresas con domicilio fiscal ou actividade económica en Galicia, así como as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens, sociedades civís ou calquera outro tipo de unidade económica, poden acceder a estas liñas de financiamento a través da sede electrónica do Igape.
Prazos
O prazo de presentación de solicitudes é desde o 12 de maio ao 29 de setembro de 2023.
Desde a Asociación de Empresarios Polígono San Cibrao, queremos destacar a importancia destas liñas de financiamento para o impulso do tecido empresarial en Galicia, en especial nun contexto de incerteza económica como o actual.
O financiamento é fundamental para o investimento, o crecemento e a xeración de emprego na nosa comunidade.
Nun momento como o actual, é fundamental impulsar o tecido empresarial galego e estas liñas de financiamento son unha ferramenta esencial para iso.