Reducir o impacto ambiental e facilitar os traslados de empresarios e traballadores do Polígono de San Cibrao, así como os do Polígono Barreiros e a Tecnópole, a través do carsharing.
Este é o obxectivo polo que, coa colaboración e impulso do Concello de San Cibrao, púxose en marcha un novo servizo de mobilidade sostible que será de gran utilidade.
Mediante esta iniciativa poderán facer uso dun vehículo que permanecerá, no caso do Polígono San Cibrao, no edificio Multiusos da Asociación de Empresarios, e que poderá reservarse a través dun sinxelo trámite na aplicación Mobify.
App Mobify
Os asociados do Polígono San Cibrao recibirán hoxe toda a información relativa a este novo servizo que facilitará o seu traballo.
O coche poderá empregarse segundo as necesidades e só pagarase polo tempo de uso.
A iniciativa promoverá a mobilidade sostible e facilitará os desprazamentos dunha maneira económica e eficiente.
A Asociación de Empresarios valora o potencial desta mobilidade sostible, para reducir o impacto ambiental e mellorar a calidade de vida, polo que anima a empresarios e traballadores a beneficiarse das vantaxes que ofrece o servizo.
Colaboración municipal carsharing
O Concello de San Cibrao das Viñas, pola súa banda, promove este servizo como proxecto piloto destinando varias zonas de aparcamento exclusivo a vehículos carsharing, unha en cada un dos polígonos, sendo así pioneiros en Galicia en dispoñer prazas de aparcamento específicas para este tipo de vehículos.
O carsharing é unha forma flexible e económica de moverse pola nosa contorna empresarial. Comparte un vehículo cando o necesites e paga só polo tempo que o uses. É unha alternativa sostible que axuda a reducir o tráfico e as emisións de carbono.
Descobre o carsharing e simplifica os teus desprazamentos!
