Unha vez finalizada a oitava edición do Programa Integrado de Emprego da Asociación de Empresarios Polígono San Cibrao é momento de facer balance.
As cifras son optimistas.
Das cen persoas participantes nesta iniciativa, un total de 67 traballaron nalgún momento, seguindo 57 en activo a día de hoxe. Supérase así o obxectivo da entidade empresarial, rozando o 60% da inserción laboral.
Ademais dun referente en crecemento, respecto ao medio ambiente e seguridade, a Asociación de Empresarios consolídase tamén como exemplo en formación, a ferramenta clave para lograr unha maior competitividade.
As cifras déronse a coñecer ao longo desta mañá no Foro que puxo o broche de ouro ao Porgrama Integrado de Emprego.
O presidente da asociación empresarial, José Antonio Rodríguez Araujo, fixo balance dos retos conseguidos coa iniciativa: “Superamos o noso propio obxectivo, xa ambicioso de seu.
Por iso nos enorgullece poder dicir que as nosas expectativas víronse superadas”.
Tamén insistiu na importancia de apostar pola formación: “Con empresas e empregados máis comprometidos, máis formados, obtemos entre todos o liderado e a excelencia”.
Ao longo de 12 meses, ofrecéronse 25 cursos no programa
Os bos datos de inserción laboral son o resultado de 615 horas de formación ao longo de 12 meses.
Impartíronse 25 cursos, tanto específicos en materia de soldadura, fontanería e administración, así como en formación transversal, en recursos informáticos e en habilidades socio-laborais.
O colofón á iniciativa tivo lugar cun Foro de Emprego
No Foro que esta mañá puxo o broche de ouro ao Programa Integrado de Emprego entregouse o premio ao Curriculum Excelente, na súa condición de ferramenta de márketing para entregar a empresas, valorando o deseño e presentación da información, a redacción e a profesionalidade que foi outorgado a Ana Belén Paz #Vidal.
O premio á Maior Participación nas Actuacións realizadas durante o desenvolvemento do programa, valorando non só a asistencia ás actividades e encontros, senón o óptimo aproveitamento dos mesmos entregouse a Ramón Feijoo Ferro.
A motivación na procura de emprego
A motivación na procura de emprego xoga un papel tan importante como os coñecementos adquiridos e por iso no Foro de Emprego desta mañá contouse coas intervencións de expertos en recursos humanos de diferentes organizacións e cunha sesión sobre as habilidades para buscar traballo na actualidade.