Axudas emprendemento feminino Galicia 2025: prazo aberto do 15 de xullo ao 14 de agosto

Xa está aberto o prazo para solicitar as axudas Emega de apoio ao emprendemento feminino en Galicia. Solicita do 15 de xullo ao 14 de agosto de 2025.

emprendimiento femenino en Galicia

A Xunta de Galicia vén de publicar no DOG a Resolución pola que se regulan as axudas ao emprendemento feminino en Galicia 2025 (código de procedemento SI429A). O obxectivo é apoiar a creación, consolidación e innovación de proxectos liderados por mulleres.

Quen pode optar a estas axudas?

As beneficiarias serán empresas privadas formadas por mulleres que inicien ou reactiven a súa actividade entre o 30 de setembro de 2024 e a data límite de solicitude. As traballadoras autónomas deberán presentar a solicitude de forma individual. No caso de sociedades ou comunidades de bens, a solicitude presentaraa a entidade. Non se permite solicitar como autónoma e como socia dunha empresa ao mesmo tempo.

Modalidades de axuda

  • Emega Emerxe: apoio a novas iniciativas e creación de emprego feminino estable.
  • Emega Impulsa: reactivación ou consolidación de empresas de mulleres, mellorando a competitividade.
  • Emega Innova: proxectos innovadores, científicos ou tecnolóxicos que xeren emprego feminino estable.
  • Emega Concilia: complemento para favorecer a conciliación das promotoras e traballadoras.

Estas axudas outórganse en réxime de concorrencia competitiva.

Prazo e presentación

O prazo estará aberto do 15 de xullo ao 14 de agosto de 2025, de forma telemática a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

Para máis información:
📞 981545374 | 981545357 | 981545356 | 881995538