ABANCA e os empresarios do Polígono San Cibrao reforzan a súa colaboración con novas solucións de crédito

Abanca e a Asociación de Empresarios Polígono San Cibrao renuevan o seu convenio financeiro para apoiar a innovación e a competitividade empresarial.

Firma convenio de colaboración entre Abanca y los empresarios de San Cibrao

A Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao e ABANCA renovaron un ano máis o seu convenio financeiro para reforzar a colaboración e seguir impulsando o crecemento do tecido empresarial da provincia de Ourense.

A sinatura do acordo tivo lugar esta mañá na sede da Asociación, coa participación de José Antonio Rodríguez Araújo, presidente dos empresarios, e Rubén Saavedra, director territorial de ABANCA en Ourense.

Un convenio estratéxico para o desenvolvemento industrial

Este convenio consolida a relación entre ambas entidades coincidindo co 60 aniversario do Polígono de San Cibrao, un referente industrial en Galicia con máis de 400 proxectos empresariais activos.

O banco comprométese a ofrecer solucións financeiras personalizadas para as necesidades das empresas, tanto para investimentos como para o funcionamento diario. Inclúe préstamos e leasing mobiliario, con amplos prazos, xuros competitivos e opcións de carencia.

Tamén se recollen opcións de financiamento oficial a través de programas do ICO e das SGR nacionais, así como pólizas de crédito, liñas de desconto, anticipos e avais. Ademais, contémplanse tarifas personalizadas nos medios de pago, como TPV físicos e virtuais.

Impulso á innovación e á sostibilidade

O presidente da Asociación, José Antonio Rodríguez Araújo, destacou que “a renovación deste convenio con ABANCA supón dar continuidade a unha relación sólida e beneficiosa para o noso tecido empresarial”.

Rodríguez Araújo agradeceu o apoio de ABANCA, “imprescindible para sacar adiante proxectos clave como o novo aparcadoiro de camións, que mellorou a operatividade e seguridade da nosa área industrial”.

Confiou tamén en que o convenio permitirá anticipar os retos do futuro, apostando pola innovación, a sostibilidade e a competitividade. “ABANCA cre no potencial do Polígono, e este acordo seguirá reforzando o seu papel como motor económico de Ourense e de Galicia”, concluíu.