A Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao inicia unha nova edición do Programa Integrado de Emprego 2025-2026, unha iniciativa destinada a persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego. O obxectivo é claro: mellorar a inserción laboral a través da formación práctica e o acompañamento individualizado.
O programa inclúe itinerarios personalizados, orientación laboral, sesións de coaching e intelixencia emocional, talleres de autoemprego e mobilidade laboral e visitas a empresas. Ademais, ofrece unha bolsa de 10 euros por día de asistencia, conciliación familiar, horarios adaptados e un agasallo dunha tablet ás persoas máis destacadas.
Formación conectada co mercado laboral
Entre a oferta formativa destacan cursos de intelixencia artificial, ChatGPT e Big Data, robótica, ciberseguridade e competencias dixitais, xunto a formación práctica en soldadura MIG/TIG, administración e contabilidade, xestión de almacén, prevención de riscos e carnés profesionais.
Inserción e oportunidades reais
As persoas participantes poderán realizar prácticas non laborais en empresas, participar en foros de emprego e recibir dossieres con ofertas laborais.
Con un obxectivo de inserción do 45%, o programa consolídase como unha das accións máis efectivas da provincia para mellorar a empregabilidade.
📞 Máis información: 988 383 756 / 601 644 918
📧 Correo: poliemprego@poligonosancibrao.com
