A Asociación de Empresarios Polígono San Cibrao organiza a xornada formativa “Polígono San Cibrao ante a IA: ferramentas que están transformando a empresa”, que se celebrará o próximo martes 10 de marzo ás 12:30 horas, en formato exclusivamente online.
Esta sesión ten como obxectivo achegar claridade, visión estratéxica e ferramentas prácticas para integrar a Intelixencia Artificial nas empresas de forma segura, coherente e aliñada cos obxectivos de negocio.
⏱️ Duración: 1 hora
💻 Modalidade: Online
Unha aproximación estratéxica e responsable á Intelixencia Artificial
A xornada será impartida por Juan García, desenvolvedor, formador e consultor estratéxico en Intelixencia Artificial, CEO e fundador de Marikaf AI.
Con máis de catro anos de experiencia desenvolvendo solucións baseadas en IA desde a irrupción de ChatGPT, acompaña a CEOs, directivos e equipos no diagnóstico estratéxico das súas organizacións e lidera a implantación de tecnoloxía, automatización e Intelixencia Artificial en procesos e áreas de negocio.
En palabras do propio relator:
“Hoxe, máis que nunca, o mercado necesita a nosa axuda, non para implementar sen control, senón para dar claridade, entender que é realmente isto da IA, identificar riscos, ter toda a información clara e tomar decisións coherentes. Porque todo o mundo vende IA hoxe, pero poucos forman aos seus clientes para que tomen decisións cos datos enriba da mesa.”
Contidos da xornada
Durante a sesión abordaranse cuestións clave para unha implantación segura e eficaz da Intelixencia Artificial na empresa:
- A IA é perigosa, protéxete
- Antes de IA, Datos
- Casos reais de IA aplicada ás empresas
- Como escalar procesos de forma segura
- Protección da túa transformación dixital
- Ciberseguridade coa Intelixencia Artificial
- Quenda de preguntas
As persoas asistentes sairán cun roadmap claro e accionable, aplicable desde o primeiro momento na súa organización.
A quen vai dirixida?
Esta xornada está orientada a:
- Propietarios de empresas
- CEOs e xerentes
- Directivos
- Mandos intermedios
- Responsables de toma de decisións que queiran comprender como integrar a IA de forma estratéxica e segura
Inscrición
As persoas interesadas deberán formalizar a súa inscrición antes do mércores 11 de marzo ás 14:00 horas, a través do formulario habilitado pola Asociación.
Desde a Asociación de Empresarios Polígono San Cibrao continuamos promovendo a actualización e competitividade do tecido empresarial do polígono, facilitando formación estratéxica en ámbitos clave como a transformación dixital e a Intelixencia Artificial.
