O Plan Director do Polígono San Cibrao é a folla de ruta estratéxica que define os principais obxectivos e liñas de actuación da actual Xunta Directiva para construír o Polígono do futuro durante os vindeiros tres anos.

Desde a Asociación de Empresarios do Polígono San Cibrao traballamos cun compromiso firme co desenvolvemento económico de Ourense e de Galicia, impulsando un entorno empresarial máis competitivo, moderno e sostible.

O noso obxectivo é garantir o presente e asegurar o futuro do Polígono San Cibrao, reforzando o seu papel como motor económico e de emprego na provincia.