Programa integrado de emprego de Galicia 2026-2027
Edición 2026/2027 en marcha
Xa está en marcha a nova edición 2026/2027 do Programa Integrado de Emprego de Galicia da Asociación de Empresarios Polígono San Cibrao. Acompañámoste na procura de emprego con orientación personalizada, formación práctica e contacto directo coas empresas do polígono.
Orientación individual
Información e diagnose persoal, asesoramento en habilidades sociolaborais, definición do teu perfil profesional e deseño do teu itinerario, orientación laboral e motivación, e seguimento ata que gañes autonomía na túa procura de emprego.
Formación
- Especialidades do catálogo do SEPE: técnicas administrativas, ofimática, xestión, soldadura MAG, MIG e TIG, organización do almacén e nivel básico de prevención.
- Carnés e formación técnica: carretillas elevadoras, plataformas elevadoras móbiles de persoal, grúas ponte e pórtico, traballos en altura, manipulador de alimentos, robótica e impresión 3D e ferramentas básicas para contornas industriais.
- Competencias para o emprego: currículo e entrevista de traballo, mobilidade laboral, procura de emprego coas novas tecnoloxías e as redes sociais, autoemprego, DNI electrónico, certificados dixitais e Chave 365, coaching e intelixencia emocional, ciberseguridade, e introdución ao ChatGPT, big data e intelixencia artificial.
Conexión coas empresas
Prospección empresarial, emparellamento con ofertas, autocandidaturas, procesos de selección, visitas a empresas, Foro de Emprego e networking. Tamén prácticas profesionais, organizadas segundo as túas necesidades e a dispoñibilidade das empresas colaboradoras, e acceso directo e preferente ás ofertas de emprego da Asociación e ao seu directorio empresarial.
Que máis che ofrecemos
- Bolsa de asistencia de 10 € por día de asistencia ás actuacións do programa, aboada cada mes por transferencia (non se percibe mentres esteas traballando).
- Horarios de mañá e/ou tarde segundo as necesidades das persoas participantes, e sesións individuais por videoconferencia cando sexa preciso.
- Espazo de conciliación para nenos ou persoas dependentes ao teu cargo, e colaboración con escolas infantís, ludotecas ou campamentos.
- Aula Aberta equipada e cun amplo horario para as túas consultas.
- Portal do participante, dosieres de emprego e información sobre axudas públicas (autoemprego, menores de 30 anos, contratos indefinidos…).
- Acceso ás instalacións do Edificio Multiusos, salas de reunións baixo demanda e eventos da Asociación.
Queres participar?
Déixanos os teus datos no formulario e poñerémonos en contacto contigo.
