Infraestruturas
O Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas é un centro de actividade económica e empresarial situado na Comunidade Autónoma de Galicia.
Recibe o seu nome da localidade que o acolle, un municipio situado a uns 6 quilómetros da cidade de Ourense, importante punto de tráfico comercial coñecido xa na época romana.
O Polígono de San Cibrao das Viñas enmárcase nesta gran Eurorrexión Galicia–norte de Portugal, onde Ourense actúa como ponte tanto entre a costa cantábrica e Portugal, como entre a costa atlántica galego-portuguesa, coa súa importante rede de portos, e o interior de España.
Grazas á súa privilexiada situación xeográfica, o Polígono de San Cibrao constitúe unha excelente localización para funcionar como centro de distribución de todo o noroeste peninsular, ao mesmo tempo que a súa proximidade ás principais cidades costeiras permite ás empresas desta provincia dispoñer de vías de comunicación eficientes que facilitan as exportacións e importacións transatlánticas e comunitarias, tanto por vía marítima como terrestre ou aérea, con excelentes redes de autovías e proximidade aos principais portos e aeroportos galegos e portugueses.

DISTANCIAS A AEROPORTOS
- Sá Carneiro (O Porto) – 185 km
- Peinador (Vigo) – 80 km
- Santiago de Compostela – 120 km
- Alvedro (A Coruña) – 165 km
DISTANCIAS A PORTOS
- Vigo – 100 km
- O Porto – 190 km
- Marín – 100 km
- Vilagarcía de Arousa – 120 km
REDE VIARIA
- Acceso principal pola Autovía A-52
- Acceso principal pola Nacional 525
- Outros accesos: OU-105, OU-101, OU-537
- Vía de alta capacidade: Autovía Rías Baixas A-52

PRINCIPAIS INFRAESTRUTURAS
- Rede eléctrica MT (media tensión)
- Rede eléctrica AT (alta tensión)
- Tendido aéreo
- Tendido subterráneo
- Fibra óptica
- Sinalización interna viaria
- Sinalización interna de empresas
- Redes de abastecemento de auga
- Depuradora residual
- Rede de gas
- Terminal de ferrocarril (mercadorías)
PRINCIPAIS INFRAESTRUTURAS E SERVIZOS
- Edificio Multiusos
- Oficina de información
- Servizo de recollida de residuos
- Servizo de limpeza
- Estacións de servizo
- Oficina de Correos
- Citypack
- Servizos bancarios / Cajeros automáticos
- Parque de bombeiros
- Servizo de seguridade e televixilancia (100 cámaras instaladas)
- Control de acceso
- Axencia de colocación
- Centro de atención primaria
- Farmacia
- Hoteis
- Restaurantes
- Instalacións deportivas: ximnasio, pistas de pádel, polideportivo, instalación de automodelismo e campos de fútbol
- Mutua laboral
- Escola infantil
- Supermercado
- Zonas verdes
- Aparcadoiros públicos
- Transporte público
- Centros de formación
