Ó tratarse o Concello de San Cibrao dun “Concello emprendedor” adherido á iniciativa Doing Bussiness Galicia fai posible que a posta en marcha de novas actividades económicas póidase beneficiar de diversas bonificacións.

Ata o 95% da cota dos impostos de actividades económicas (IAE), sobre bens inmobles (IBI) e sobre construcións, instalacións e obras ( ICIO) durante tres anos.

Ademais, ó amparo desta iniciativa Doing Bussiness, o Concello de San Cibrao comprométese a resolver as licenzas de obra maior dunha empresa de nova implantación dunha actividade no prazo de 30 días.

Consulta os detalles do proxecto Doing Bussiness Galicia.

Como dar de alta a túa empresa?

O alta dunha empresa no Polígono San Cibrao estará condicionada á realización de diferentes trámites para a obtención do beneplácito do Concello de San Cibrao.

TRÁMITES ADMINISTRATIVOS

  • COMUNICACIÓN PREVIA. Posta en coñecemento do concello dos datos e da documentación esixible para o exercicio da actividade ou para o inicio de óbraa/instalación.
  • DECLARACIÓN RESPONSABLE. Manifestación de que se cumpren os requisitos establecidos nunha normativa vixente para acceder ao recoñecemento dun dereito ou ao comezo dunha actividade, de que se dispón da documentación que así o acredita e de que se compromete a manter o seu cumprimento durante a actividade.
  • LICENZA DE APERTURA DUN ESTABLECEMENTO. Solicitude de acreditación de que o establecemento conta coas condicións legais para exercer a actividade á que se destina.
  • SOLICITUDE DE VISITA DE INSPECCIÓN. Posta en coñecemento do concello da posta en funcionamento dun establecemento suxeito ao procedemento de avaliación de incidencia ambiental regulado polo Decreto 133/2008 do 12 de xuño.

De que depende que sexa un trámite ou outro? Da actividade que se pretenda desenvolver 👉Ordenanza reguladora.

Cando? Con carácter previo ao comezo da actividade ou apertura do establecemento, e de ser o caso, antes do inicio da obra ou instalación.

Que actividades? Todas.

Documentación a presentar: formularios debidamente cubertos, anexando a documentación que se esixe e, o pago das taxas 👉 accede aos formularios desde aquí.

Trámites ambientais

Ó darte de alta no Polígono San Cibrao, en aras da conservación e protección do medio ambiente, non podes esquecer solicitar ao Concello o correspondente permiso de verteduras ao sistema público de saneamento.

Formulario de solicitude de permiso especial de verteduras á rede municipal

DATOS DE CONTACTO CO CONCELLO DE SAN CIBRAO:

📧 info@sancibrao.es

☎ 988 381 034

💻 https://sancibrao.es/es/

Por último, únete á nosa asociación

Ser moitos nos fai importantes, pero estar unidos é o que nos fai determinantes e eficaces.

Desde a nosa asociación empresarial traballamos cada día por defender os intereses das nosas empresas asociadas e loitamos polo futuro do Polígono San Cibrao, tratando de convertelo nun referente económico. Crear o Polígono de dentro doutros 50 anos non é só o noso reto, senón tamén a nosa responsabilidade e obrigación como entidade.

💻 FORMULARIO DE ALTA COMO MEMBRO ASOCIADO