👉 Orde
O DOG publica unha nova convocatoria do Programa Bono para persoas autónomas, para a mellora da competitividade da actividade empresarial ou profesional.
Beneficiarios: autónomos, sociedades e comunidades de bens con domicilio en Galicia. Quedan excluídos os beneficiarios das anteriores convocatorias. (Condicións no artigo 6 da 👉Orde).
Lugar de presentación de solicitudes: a través da 👉 sede electrónica da Xunta de Galicia e, introducindo o código de procedemento TR341 Q.
Prazo de presentación de solicitudes: desde o 13 de xullo ao 13 de agosto de 2021.
Liñas de actuación
LIÑA 1. Mellora da competitividade a través dos seguintes servizos:
- Investigación de mercado.
- Plan de márketing.
- Plan de comunicación.
- Plan estratéxico.
- Plan de crecemento: constitución da sociedade.
- Plan de reorientación.
- Plan de transformación dixital.
- Plan de refinanciamento.
LIÑA 2. Mellora da competitividade a través dos seguintes investimentos:
- Compra de maquinaria.
- Compra de útiles e ferramentas.
- Reforma do local ou negocio.
- Equipos informáticos.
- Rótulos.
- Aplicacións informáticas e páxinas web.
- Creación do logotipo do negocio.
- Mobiliario.
Poderán solicitarse ambas as axudas e, neste caso, entenderase en primeiro lugar a liña 1 e despois a liña 2, co límite de 3.000 euros polo conxunto das actividades.
Gasto subvencionable: 80% da actividade subvencionable cun límite máximo de 3.000 euros de axuda polo conxunto das actividades subvencionables.