Firma convenio de colaboración con Abanca

18
Xan

Renovación do acordo que permitirá facilitar o financiamento das empresas do Polígono San Cibrao.

Hora de inicio: 13:00

Hora de fin: 14:00

As dúas entidades acaban de renovar a súa colaboración cun convenio que pretende facilitar o financiamento tanto dos gastos correntes como dos investimentos en novos proxectos.

Tras a firma do acordo, representantes do banco e dos empresarios analizaron os retos e desafíos do polo industrial neste arranque de ano, marcado aínda polos efectos da pandemia.

ABANCA e a Asociación de Empresarios Polígono San Cibrao dan un novo impulso á súa histórica colaboración. E fano cun texto no que as opcións de financiamento gañan peso e adáptanse ás necesidades actuais das empresas da principal área industrial da provincia.

Tamén sumarán esforzos na programación dunha acción divulgativa conxunta sobre os fondos Next Generation dirixida aos empresarios da área industrial, pero tamén do resto da provincia.

O novo convenio foi rubricado na sede da asociación empresarial no Polígono de San Cibrao e participaron tanto o director territorial de ABANCA en Ourense, Rubén Saavedra, como o presidente dos empresarios, José Antonio Rodríguez.

Tras a firma do convenio, os representantes de ABANCA e dos empresarios analizaron os retos e desafíos do polo industrial neste arranque do ano, marcado aínda polos efectos da pandemia.

En canto ao novo texto, supón unha nova lombeirada para as empresas emprazadas no Polígono de San Cibrao, que dispoñerán de produtos de financiamento a medida.

Destacan as alternativas para poñer en marcha novos proxectos ou mellorar a competitividade dos actuais, con fórmulas flexibles e amplos prazos de amortización como préstamos persoais e hipotecarios, leasing mobiliario ou o financiamento oficial do ICO e o Igape.

Tamén destacan os novos produtos para acompañar ás empresas nas súas necesidades financeiras do día a día. Trátase de fórmulas xa consolidadas como as pólizas de crédito, as liñas de desconto comercial, os avais ou o confirming ou factoring.

Coñecendo os fondos Next Generation

O encontro entre os empresarios de San Cibrao e ABANCA serviu tamén para programar unha acción divulgativa conxunta sobre os fondos Next Generation dirixida aos empresarios da área industrial, pero tamén do resto da provincia.

Esta sesión, que terá lugar en febreiro, servirá para que expertos de ABANCA e representantes dos empresarios do Polígono de San Cibrao dean a coñecer de primeira man as novidades dos fondos Next Generation da Unión Europea, co foco posto en procesos tan relevantes como o impulso á dixitalización ou a mellora da sustentabilidade.

A entidade financeira ha impulsado precisamente nos últimos meses distintas accións encamiñadas a maximizar as oportunidades que se abren coa chegada destes fondos.

O banco creou o pasado ano a unidade especializada Next Generation, desde a que mantén un contacto estreito co tecido produtivo para coñecer as súas necesidades e achegar de primeira man as respostas do banco.

Non en balde, nos últimos meses puxo no mercado os primeiros produtos deseñados a medida para estes fondos.