ABANCA e a Asociación de Empresarios Polígono San Cibrao asinaron un novo acordo de colaboración co foco posto en garantir o futuro e o crecemento das empresas do polígono industrial ourensán.
A entidade financeira e a asociación avanzaron nun catálogo cheo de alternativas creadas á medida para as máis de 400 entidades presentes nesta área industrial.
O novo convenio foi asinado o xoves 8 de xuño polo director territorial de ABANCA en Ourense, Rubén Saavedra Pedreira, e o presidente dos empresarios de San Cibrao, José Antonio Rodríguez Araújo.
Este acordo ten presente a complexa situación económica actual, moi marcada pola subida de prezos e a inflacción.
A entidade financeira e a asociación de empresarios colaboran con novas solucións para as necesidades reais dos negocios, tanto para acometer investimentos, como para facer fronte á actividade diaria
En esencia, a entidade financeira habilita solucións para as necesidades reais deste colectivo, tanto para acometer investimentos, como para facer fronte á actividade diaria.
Precisamente, co obxectivo de apoiar a posta en marcha de novos proxectos ou reforzar a competitividade dos actuais, ABANCA ofrece produtos especificamente deseñados e con condicións melloradas respecto ao mercado, entre os que destacan préstamos ou leasing mobiliario, con amplos prazos de amortización, posibilidade de carencias e intereses moi competitivos.
O convenio asinado tamén contempla alternativas de financiamento oficial a través de diversos programas do ICO ou das SGR nacionais.
Os empresarios e empresarias desta área industrial —clave na economía produtiva de Ourense— poderán ademais contratar pólizas de crédito, anticipos, liñas de desconto comercial ou avais, segundo as súas necesidades.
Poderán igualmente gozar das vantaxes do Programa Sevizos ABANCA, que permite deixar de pagar polo mantemento de contas ou tarxetas, transferencias, ingreso de cheques e outros servizos.
Ambas as organizacións avanzan nun catálogo cheo de alternativas pensadas para as máis de 400 entidades presentes nesta área industrial
De maneira adicional, o convenio contempla que o banco facilite a contratación de medios de pago como TPV, tanto físicos como virtuais.
Por último, os empresarios e empresarias de San Cibrao accederán a unha atención personalizada en materia de seguros, así como ás últimas ferramentas a distancia de ABANCA, como o servizo ‘Appúntame’, que lles facilitará a xestión sinxela de calquera tipo de cotas, domiciliacións e subscricións para eles mesmos e os seus clientes.
Todo isto para consolidar o crecemento dun polo industrial esencial para a xeración de emprego e riqueza na provincia.