O Boletín Oficial do Estado do mércores 28 de abril establece as novas condicións de corentena para aquelas persoas procedentes da India á súa chegada a España.
Desta maneira, aqueles viaxeiros que cheguen nun voo desde calquera aeroporto da India, deberán gardar corentena os 10 días posteriores á súa chegada ou durante toda a súa estancia en España se esta fose inferior.
Durante este período, deberán permanecer no seu domicilio ou aloxamento, e limitando os seus desprazamentos á adquisición de alimentos e de produtos de primeira necesidade, ou á asistencia a establecementos ou servizos sanitarios.
Esta corentena pode finalizar antes se ao sétimo día a persoa obtén resultado negativo dunha proba RT- PRC ou equivalente.
As autoridades sanitarias e as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado poderán contactar coas persoas en corentena para realizar o seu seguimento.
📌 Esta orde entrará en vigor ás 00:00 horas do día 1 de maio de 2021.