A Asociación de Empresarios en colaboración coa sociedade de garantía recíproca, Sogarpo, celebraba o 8 de xullo unha nova sesión informativa para os seus socios.
Esta nova xornada, celebrada de forma telemática, pon de manifesto as novas ferramentas e recursos ao alcance das pemes galegas para defender as súas dificultades.
Unha nova sesión que desde a asociación ofrecemos a todas as nosas empresas, reivindicando a importancia da actividade empresarial no desenvolvemento da nosa provincia.
Novas liñas de financiamento
O IGAPE puxo en marcha catro liñas de financiamento para PEMES e autónomos galegos.
Estas novas axudas están destinadas a:
- investimentos produtivos,
- tráfico comercial,
- ofrecer garantías fronte a terceiros e,
- paliar as consecuencias da COVID19.
E, foi da man do Director comercial de Sogarpo, Fernando Carbonell, quen contou ás empresas asistentes o acceso a estas novas axudas.
Grazas ao aval de Sogarpo, as pemes e autónomos poderán acceder ás liñas financeiras creadas polo IGAPE, cuxo prazo de solicitude estará aberto ata o 30 de setembro.