O mércores 14 de abril publicábanse no Diario Oficial de Galicia, as novas restricións que afectarán á nosa comunidade autónoma, a partir do venres 16 de abril.
Forma parte desta nova modificación, o Plan de hostalería segura, posto en marcha pola Xunta de Galicia o pasado mes de febreiro, nos seguintes termos do ámbito da restauración:
MOBILIARIO
- As mesas e cadeiras deberán distribuírse de forma homoxénea, respectando os aforos establecidos.
- No caso de comedores sen uso, estes non computarán no cálculo de aforos permitidos.
HORARIO DE APERTURA
- Ampliado ata as 23.00 horas exclusivamente para o servizo de ceas.
- Só para aqueles establecementos con titularidade municipal de restaurante.
CLIENTES
- Reservas mediante cita previa.
- Rexistro de clientes do servizo de ceas con nome e apelidos, DNI e número de teléfono.
- Custodiar durante polo menos un mes todos os datos solicitados dos clientes.
CONDICIÓNS DOS DISPOSITIVOS MEDIDORES DE CO2 (obrigatorios a partir das 00.00 horas do día 23 de abril).
- Non superar en interior as 800 p. p.m. de concentración de CO2.
- Garantir a correcta ventilación do local.
- Dispoñer de pantalla que mostre os niveis de CO2 en tempo real.
- Marcado CE.
- Non deberán situarse preto das xanelas, portas ou outros puntos de ventilación.
- Deberán asegurarse o nivel de CO2 e mantemento dos sistemas mecánicos de ventilación, en caso de dispoñer deles.